Quen somos | artistas do reciclaxe en acción
Transformando lixo en arte con propósito
En Retoque Retro, con base na Coruña e ámbito galego, somos unha asociación sen ánimo de lucro que dende 2012 transforma o lixo mariño en arte reciclada capaz de concienciar e emocionar. O noso obxectivo non é só crear beleza: queremos que cada obra abra os ollos da sociedade fronte á contaminación plástica que afoga os nosos océanos e praias.
Formamos un colectivo multidisciplinar: Javier Serantes (escultor), Ana Lee (mestra) e Isabel García (bióloga). Combinamos sensibilidade artística, coñecemento científico e creatividade para elaborar pezas que invitan á reflexión e espertan a conciencia ambiental. Cada obra conta a súa historia: de abandono, contaminación e, ao mesmo tempo, de recuperación e esperanza.
“A arte non é o que ves, senón o que fas ver aos demais”
(Edgar Degas)
A nosa filosofía
Do rexeitamento á acción
Nas praias galegas practicamos a ancestral tradición de “ir ás crebas”, recollendo os tesouros que o mar devolve á beira. Antes eran restos de naufraxios; hoxe, sobre todo, lixo plástico. O que outros ignoran ou evitan mirar, nós transformámolo en arte que toca a sensibilidade, xera admiración e transmite unha mensaxe clara: coidar o noso contorno é responsabilidade de todos.
Cada peza que creamos nace deste proceso: madeiras desgastadas polo mar convértense en peixes, criaturas mariñas ou seres fantásticos; plásticos e obxectos desbotados transformánse en esculturas que denuncian a contaminación. Obras como “Balmi”, o noso cachalote de 6 metros feito con 250 kg de lixo mariño, amosan o poder da arte reciclada para xerar conciencia e acción.
“Entendo que un artista é alguén que, entre o silencio dos demais, utiliza a súa voz para dicir algo, e que ten a obriga de que isto non sexa algo inútil senón algo que dea un servizo aos homes“
(Joan Miró)
Convérteo o teu espazo nun lugar inesquecible
A nosa exposición e as nosas obras non só se contemplan: transforman o espazo que as acolle. Ofrecemos aluguer de exposición para centros culturais, acuarios, espazos expositivos e institucións que buscan unha proposta artística con forza estética e mensaxe ambiental. Cada montaxe adáptase ao contorno para crear unha experiencia envolvente e memorable para o público.
Tamén realizamos venda e encargos de obras exclusivas para quen desexe converter o seu espazo nun lugar único. As nosas pezas, creadas a partir de materiais recuperados do entorno mariño, aportan carácter, conversación e compromiso a calquera ambiente — desde grandes salas ata espazos corporativos ou privados.