Arte reciclada que converte residuos en conciencia
Sobre nós
Cando o lixo se converte en beleza
En Retoque Retro, dende a nosa base na Coruña, levamos dende 2012 recollendo os restos que o mar devolve ás praias para transformalos en arte reciclada con mensaxe. Non se trata só de crear pezas esteticamente atractivas: queremos abrir os ollos de quen nos mira e facerlle sentir a magnitude da contaminación plástica que asfixia os nosos océanos e costas.
“Calquera forma de arte é unha forma de poder; causa impacto, pode influír nos cambios: non só pode cambiarnos, senón que nos fai cambiar.”
(Ossie Davis)
Galería
As nosas obras destacadas

CHOUPA

PEZ DEMONIO

La Quenlla Blanca

Centollo do Grove
Os nosos servizos
Que facemos?
Exposicións
Mostras de arte con lixo mariño para museos, acuarios e eventos culturais.
Obradoiros e charlas educativas
Experiencias prácticas de arte reciclada para nenos, familias e persoas adultas.
Limpeza de praias
Realizamos limpezas en praias galegas, recollendo madeiras e residuos plásticos para incorporalos á nosa obra e deixar a praia máis limpa.
Obras por encargo
Esculturas personalizadas realizadas con materiais reciclados e residuos mariños.
Contáctanos!
Axúdanos a cumprir o soño de que a nosa exposición se faga itinerante! Se desexas alugala, cóntanos as túas necesidades: duración, espazo dispoñible, características especiais… adaptámonos ao teu espazo, pode ser máis grande ou máis pequena. Farémosche un orzamento. O mesmo se che gustaría adquirir unha obra por encargo… estaremos encantados de facela realidade!