arte e esculturas con lixo e plástico reciclado

Que facemos?

En Retoque Retro, o noso traballo céntrase en crear arte con lixo e plástico reciclado e esculturas con plástico reciclado que combinan estética, creatividade e conciencia ambiental. Dende 2012 recollemos residuos das praias galegas, madeiras á deriva e outros materiais esquecidos pola sociedade, para convertelos en pezas que espertan admiración e reflexión. Cada obra conta unha historia sobre a contaminación mariña, a recuperación do contorno e a esperanza dun futuro máis sostible.

 
499936829_1248567973853346_6585708032592283924_n

Arte de praia

Inspirados pola tradición galega de “ir ás crebas”, transformamos madeiras e residuos traídos polo mar en criaturas mariñas, barcos, faros e seres fantásticos. Incorporamos o lixo plástico como un material máis, convertendo o que normalmente provoca rexeitamento en esculturas con plástico reciclado que sorprenden e emocionan. Cada peza é unha homenaxe á natureza e unha invitación a reflexionar sobre a nosa responsabilidade co medio ambiente.

492011131_1222770389766438_3667601631290200584_n

Limpezas de praias

Realizamos limpezas de praias ao longo do litoral galego. Mentres buscamos madeiras e obxectos á deriva para as nosas creacións, recollemos plásticos e outros residuos que incorporamos ás nosas esculturas. Este proceso non só mellora o ecosistema local, senón que tamén nos permite catalogar os tipos de lixo máis comúns e as súas orixes. Así, a acción ambiental convértese en parte do proceso creativo da arte con plástico reciclado.

481990048_9614986798553268_3271483514372383285_n

Colaboracións con outras asociacións

En Retoque Retro colaboramos con outras asociacións para multiplicar o impacto da nosa arte con plástico reciclado e das nosas esculturas con plástico reciclado, participando en limpezas de praias, exposicións e obradoiros educativos que fomentan a conciencia ambiental e a creatividade.

493496828_1227475269295950_2242470142293656577_n

Exposicións de arte

As nosas exposicións son a forma máis visible da nosa mensaxe: amosan como a arte con plástico reciclado pode unir beleza e conciencia ambiental. Levamos as nosas pezas a museos, acuarios e espazos públicos, onde xeran admiración e sensibilización sobre a contaminación mariña. Cada exposición combina obras feitas con madeiras á deriva e plásticos recollidos nas praias, xunto con coleccións dos residuos máis abundantes catalogados durante as nosas mostras.

482032054_9691640180887929_1650465638217680327_n

Obradoiros e actividades educativas

Impartimos obradoiros e charlas para todas as idades, ensinando a transformar residuos en arte con plástico reciclado. A experiencia sensorial de manipular os materiais mariños permite ás persoas participantes espertar a súa creatividade, aprender sobre a contaminación mariña e crear as súas propias mini esculturas. Estes obradoiros fomentan a imaxinación, a conciencia ecolóxica e a conexión co contorno natural.

489850680_1210799097630234_1787895394185935561_n

Intervencións artísticas

Realizamos intervencións artísticas con lixo mariño para concienciar sobre a contaminación dos océanos, adaptadas a distintas escalas e por encargo. Se es unha entidade ou institución interesada en encargar unha, escríbenos e cóntanos a túa idea; xuntas e xuntos podemos transformar residuos en arte con plástico reciclado que impacte e eduque.

 

Únete á nosa misión artística

Descubre as nosas esculturas con plástico reciclado e participa na creación dun mundo máis limpo e consciente. Xa sexa visitando as nosas exposicións, realizando un obradoiro ou encargando unha obra personalizada, a túa implicación axuda a que a mensaxe de conservación chegue máis lonxe.